![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgTf25tb3k20dk8_Na87iaWH_d86Dd0MVXLTE-m_R10LHh7vu5LmndDz-XalVpVWOfnyRwMvStIYcM01RH827Oohlid-SrL48xs9qj8LJbpt8Dzxp1Svhv6X68xqcE-5NSRe9bz4tVqr6Cp/s400/untitled.bmp)
Estimados amigos:
Hace unos meses perdimos en Ponteareas un collie de unos 13 años. Pusimos carteles, dejamos avisos en los alrededores, visitamos los lugares donde nos dijeron que podían haber visto a nuestro perro, ... pero a día de hoy sigue sin aparecer. Sabemos que es muy mayor, pero no perdemos la esperanza de volver a verlo antes de que se muera, nos gustaría despedirnos después de tantos años.
Ola.
ResponderEliminarHai uns meses, circulando pola estrada PO 313 que une Marín con Moaña, á altura do antiguo vertedeiro, atopamos un can de raza collie, moi velliño, que semellaba perdido ou abandonado.
De feito, nesta zona é desgraciadamente habitual atopar cans "perdidos" durante os meses de verán.
Chamoume a atención que o animal semellaba esgotado ou ferido, e xusto cando pasamos ao seu carón deixouse caer ao chan na beiravía. Alarmados, detivemos o coche para socorrelo. Estaba moi feble e delgadiño, mais non presentaba feridas. Daquela, recollémolo e levámolo a unha clínica veterinaria de Marín, para que lle botasen unha ollada e tratase de identificalo. Quixemos localizar aos seus donos, mais non tiña microchip e ninguén nos soubo dar noticias.
Daquela, aínda que na nosa finca temos varios cans, decidimos "adoptar" ao collie e o levamos para a casa do avó, que está a carón da nosa. Alí viviu durante meses, con todo o agarimo e os coidados precisos, ata que un día desapareceu.
Descoñezo se o noso Pindo (foi o nome que lle puxemos) é o voso Gari, pero podo dicirvos que durante o tempo que o tivemos na nosa casa estivo ben coidado. Aínda así, o animaliño sempre devecía por saír do patio da casa, quizás para buscar aos seus antiguos amos.
Nós sempre tiñamos conta del, xa que se desorientaba e temiamos que o collese un coche.
Os últimos días que estivo con nós, Pindo semellaba intranquilo. Quizás sabía que lle estaba a chegar o momento, talvez quixese regresar ao seu fogar. Unha mañá, coa alborada, o can abriu a cancela, colleu a corredoira e xa non volveu.
E.G.A.